Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo mellorará con 22.300€ a sala de despece da Fonsagrada

Concello da Fonsagrada
SALA DE DESPECE
O Presidente asinou un convenio de colaboración coa Sociedade do Club de Caza e Pesca fonsagradina para acondicionar esta infraestrutura onde se despezan diferentes produtos cinexéticos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co presidente da Sociedade do Club de Caza e Pesca da Fonsagrada, Iván Neira, co obxectivo de mellorar e acondicionar a sala de despece de produtos cinexéticos. 

O acordo, que ascende a 22.300€, ten como obxectivo dotar de novos recursos esta infraestrutura para facela más competitiva. En concreto, con esta achega a sala pasará a contar cunha nova envasadora ao baleiro para pezas grandes, e cunha serra que permitirá cortar pezas e ósos, incluso conxelados. Con estas dotacións mellorarase a rendibilidade, eficacia e presentación dos produtos elaborados.