24 alumnos finalizan o Máster en Enxeñaría de Madeira Estrutural da USC, co que colabora a Deputación
O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, participou este venres na clausura do Máster en Enxeñaría de Madeira Estrutural, co que colabora a Deputación no marco do Plan de Choque asinado coa USC. O Goberno da Deputación destinou unha achega de 350.000 euros á quinta edición deste plan co que colabora coa USC. Estas accións consisten na promoción de Lugo como cidade universitaria e xa conseguiron un incremento do 12% no número de estudantes de novo ingreso nas titulacións de máster. Fernández Queipo trasladou os seus parabéns aos 24 alumnos que completaron a súa formación.