Menu toggle
Parque móvil

O Parque Móbil da Deputación ten a misión de asistir aos concellos da provincia á hora de arranxar incidencias nas estradas municipais, fundamentalmente no que respecta á reparación do asfaltado e aos traballos de limpeza das vías, o que supón un importante  aforro para as institucións municipais.

Para desenvolver este labor conta con tres equipos de rego, destinados á reparación do pavimento, cada un dos cales conta cun camión cisterna, un camión gravillador e unha apisonadora. Da limpeza viaria encárganse outros dous equipos, conformados por motoniveladora, camión e pá.

Dous tráilers encárganse do transporte dos áridos e da maquinaria que resultan necesarios para o desempeño das funcións dos equipos de rego.

Asemade, o Parque Móbil provincial conta cun camión pluma e unha máquina eiruga, de cadeas, que traballa na apertura de camiños.

Tamén dispón dunha furgoneta para o traslado de material entre as instalacións da Deputación e as dos seus organismos dependentes, e varios turismos para os traslados de persoal necesarios para a xestión da institución.