PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 15 DE NOVEMBRO DE 2023
________________________________________________________________________________________________________________
PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 21 DE OUTUBRO DE 2023
________________________________________________________________________________________________________________
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase:
a) De forma presencial, mediante a presentación da solicitude e da documentación anexa nos respectivos modelos normalizados na oficina de asistencia ao cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Lugo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
b) De forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación de Lugo https://sede.deputacionlugo.org.
A forma de presentar na sede electrónica é a seguinte:
Sede electrónica
Tramites xerais
Presentación de escritos
Alta de solicitude
IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.
Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
Entrar en "O meu cartafol"
Os meus expedientes
Incorporar documentación
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 088 do martes, 18 de abril 2023), polo tanto o prazo remata o 03 de maio de 2023 (incluido).
Documentación que debe presentar:
Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde)
Copia do NIF do interesado/a (no caso de ser menor de idade na data de solicitude deberán achegar tamén a copia do NIF do pai/nai/titor/a e asinar esta persoa todos os anexos)
Certificado de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo correspondente.
Documento bancario actualizado acreditativo de conta bancaria, no que necesariamente figurará o/a deportista piloto solicitante como titular e con data de expedición actualizada.
Certificación oficial da respectiva federación que acredite:
- De acordo co establecido na presente convocatoria, acreditación na certificación federativa da participación no período desde o 1 de xaneiro de 2022 até o 31 de decembro do 2022, e de acordo ao previsto na base TERCEIRA da presente convocatoria:
1.- Da participación, como mínimo, en unha (1) das seguintes probas oficiais federadas:
- A posesión da correspondente licenza federativa oficial do/da piloto durante a anualidade 2022 e na anualidade de solicitude do premio (ano 2023).Rally San Froilán
Rally da Mariña Lucense
Subida a Chantada
Subida á Pontenova
Para todos aqueles elementos de puntuación e relativos aos criterios de valoración que non se reflictan expresamente na certificación federativa e non permitan a acreditación das condicións establecidas nos respectivos criterios de valoración e no correspondente cadro de valoración, procederá a asignación de oficio de 0 puntos.
O período de valoración de resultados será o comprendido desde o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2022, de acordo cos criterios, probas e elementos de valoración establecidos expresamente na base NOVENA desta convocatoria. O mencionado certificado debera estar asinado pola respectiva federación como acreditación de que os méritos deportivos alegados son certos. Non se considerará valido ningún certificado cuberto á man ou con indicacións e/ou modificacións realizadas á man.
2.- Ou ben, de non cumprir o requisito anterior, acreditar a participación, como mínimo, en dúas (2) probas de carácter oficial e federado, no período desde o 1 de xaneiro de 2022 até o 31 de decembro do 2022, de acordo ás probas e competicións dos calendarios oficiais da Federación galega de automobilismo ou da Federación española de automobilismo.
3.- Resultados deportivos e datos deportivos detallados de:
- Resultados individuais e no seu caso participación, en probas federadas, indicando en cada caso, o rally, a data de celebración, o campionato ao que pertence a respectiva proba, a clasificación individual, a clasificación por cada grupo, e calquera outro relativo aos méritos deportivos a valorar de acordo ao previsto na base TERCEIRA e aos criterios de valoración reflectidos na base NOVENA desta convocatoria (ano 2022).
- Outros elementos de valoración establecidos nesta convocatoria, etc, relativos ao/á deportista individual piloto solicitante (ano 2022).
OUTRA DOCUMENTACIÓN: Acreditación documental da pertenza a unha escudaría da provincia de Lugo, mediante declaración responsable da respectiva escudaría.
NOTA: Ha de terse en conta que a cada premio concedido seralle de aplicación a respectiva retención de IRPF.
Información:
982 260 049 rcm@deputacionlugo.org
982 260 271 xosemanuel.culturaedeporte@deputacionlugo.org