O Cádavo acolle maña unha xornada sobre transformación cárnica organizada polo SLG coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
Lugo, 29 de outubro de 2026.- O Cádavo, en Baleira, acolle mañá - 30 de outubro- unha xornada sobre transformación cárnica.
A xornada, organizada polo Sindicato Labrego Galego coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, centrarase en analizar o impacto da posta en marcha dun centro de transformación cárnica a partir doutras experiencias de venta directa de carne de ganderías da provincia como, especialmente, iniciativas colectivas como a do centro de transformación cárnica Belardi, en Urduña, en BizKaia, promovido por gandeiros e gandeiras da zona para elaborar e comercializar de forma directa os produtos que antes vendían a cebadeiros intensivos.
A xornada, de participación aberta e gratuíta, celebrarase no Salón de Plenos do Concello de 9:30 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.
Programa
9.30h-10h Recepción e benvida ás participantes
10h-10.30h Inauguración da xornada
10.30h-11.30h Experiencia da venta directa de carne con María Osorio (Vianesas de Acolá).
11.30h-12h Pausa café
12h-13h Aspectos técnico-económicos para a venta directa conxunta. Fundación Entretantos
13h-14.30h Outras experiencias na venta directa de carne. Centro de Transformación Cárnica Belardi (Urduña)
14.30h-16h Xantar
16h-18h Dinámica de grupo