Efrén Castro visitou o Campo de Fútbol do Baliño, renovado co apoio da Vicepresidencia da Deputación
Pantón, 15 de outubro de 2026.- O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, visitou esta mañá o campo de fútbol municipal O Baliño, en Pantón, onde se veñen de realizar obras de mellora financiadas pola Área de Deportes da Deputación de Lugo, que achegou 27.000 euros mediante un convenio interadministrativo co concello.
O vicepresidente e responsable da Área de Deportes explicou que “a colaboración co concello permite seguir mellorando a rede de instalacións deportivas e favorecer a práctica do deporte en todo o territorio nas condicións máis axeitadas e seguras”.
As obras melloraron as áreas máis deterioradas tanto do campo principal, de herba natural, como no anexo de herba artificial.