A Vicepresidencia da Deputación leva a Barreiros un Túnel do Viño que porá en valor os caldos tintos da provincia de Lugo
A Vicepresidencia da Deputación leva a Barreiros un Túnel do Viño que porá en valor os caldos tintos da provincia de Lugo
Lugo, 14 de outubro de 2026.- A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Fruga e coa Asociación Galega de Viticultura na organización dun Túnel do Viño Tinto, que se celebrará o vindeiro venres día 16 en Barreiros.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade dos viños tintos producidos na provincia e achegar ao público a súa riqueza. O túnel contará cun total de 15 viños, cinco da IXP Terras do Navia, seis da D.O Ribeira Sacra e outros catro que non forman parte de ningunha distinción xeográfica.
O deputado de Medio Rural, Daniel García, explicou que “queremos reivindicar todo o traballo que hai detrás da produción de viño, e o seu potencial para contribuír á conservación do territorio”.
A xornada, que terá lugar no local das Escolas de San Cosme, complétase coa conferencia “Tintos de Galiza. Pasado e futuro”, a cargo de MiguelAnxo Besada, da Taberna A Curva, na que se abordará a situación dos viños tintos galegos. Tanto a asistencia a conferencia como a cata dos viños é gratuíta.
Programa da xornada
- 11.00 horas: Saúdo institucional
- 11.30 horas: Conferencia: “Tintos de Galiza. Pasado e futuro”, por MiguelAnxo Besada
- 17.30 horas: Presentación dos viños do túnel por Martiño Santos, sumiller de Vide Vide!
- 18.30 horas: Proba libre
- 19.30 horas: Clausura