Cultura
Deputación de Lugo

Xosé Lois García presenta en Carballedo o libro “Simboloxía do románico de Carballedo”, editado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo

SERVIZO DE PUBLICACIÓNS
románico
Carballedo
Cartel do acto

Lugo, 10 de outubro de 2026.- Este sábado – 10 de outubro – presentouse na Oficina de Turismo de Castro de Carballedo , ás 19.30 horas, o libro “Simboloxía do románico de Carballedo” de Xosé Lois García, editado polo Servizo de Publicacións da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada Iria Castro acompañou ao autor chantadino que repasou o contido da publicación, centrada na iconografía das igrexas románicas de Carballedo: as de Chouzán, A Cova, Oleiros, Lousada, Búbal, Aguada e Pradeda.

A responsábel provincial explicou que “é primordial contar con materiais divulgativos para que esta riqueza patrimonial chegue a todas as persoas e se propicie a súa protección. O coñecemento é base para dispór políticas transversais de preservación e posta en valor do patrimonio”.

 A Vicepresidencia da Deputación de Lugo agasallou cun exemplar as persoas que asistan á presentación do  libro, editado dentro da Colección Gubia, dedicada ás investigacións arredor do patrimonio.