A actriz vilalbesa Cristina Castaño descobre a súa placa no Paseo do Cine de Lugo
Lugo, 25 de setembro de 2026.- A deputada de Cultura, Iria Castro, participou no acto de homenaxe á actiz vilalbesa Cristina Castaño, no Salón de Plenos do Concello de Lugo, organizado ao abeiro da Semana de Cine de Lugo. Posteriormente, unha delegación achegouse ao Paseo do Cine, onde se descubriu unha placa que conmemora a actriz.
Iria Castro sinalou o acerto da homenaxe “pois Cristina Castaño é unha actriz que leva o nome da provincia alá por onde vai, desexando que teña moitos máis éxitos no futuro”. Destacou, ademais o labor do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, organizadores da Semana de Cine de Lugo “que fai provincia e País tamén coas súas homenaxes, elixindo persoas de diversos concellos e comarcas, con esforzo e agarimo”.
A placa de Castaño é a número 18 deste Paseo do Cine de Lugo, unha iniciativa que se puxo en marcha no ano 2019 co apoio da Vicepresidencia da Deputación, e súmase ás outras dúas colocadas nesta 48 edición da Semana de Cine de Lugo que homenaxean o Festival de Cine de Astorga e a tamén actriz Benedicta Sánchez.