Muras celebra o 27 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro, que enxalza a tradición de gandería extensiva no concello
Muras, 19 de setembro de 2026.- O Concello de Muras celebrará o vindeiro 27 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro e do gando do monte, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado de Rural Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez , acompañadas pola presidenta da Asociación dd Mulleres Rurais de Muras Fina Carballido e Carlos Fernández, gandeiro de Puraga, presentaron o programa da feira, que cumpre trinta e oito edicións.
Ganderías das comarcas da Mariña e da Terra Chá e do resto do país traen os animais -gando cabalar e bovino- á feira do Alto da Gañidoira, que é un punto de compra e venda e tamén de encontro para o sector. Arredor da feira, que abrirá ás 10.00 horas, desenvolveranse diferentes actividades de posta en valor da tradición gandeira e de promoción da carne de poldro. Entre elas, un certame morfolóxico de Puraga, carreiras de andadura, un xincana de barrís da man da Asociación Atila e unha degustación de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega.
Na contorno da feira, poderá verse tamén unha demostración en vivo de talla de madeira e unha exhibición de escultura en madeira con motoserra. Ademais, a Asociación de Mulleres Rurais de Muras oeganiza unha exposición das pezas que elaboran no curso de talla que fan durante o ano. A cativada poderá participar en bautismos hípicos e asistir a unha charla divulgativa sobre o mundo do cabalo.
Unha das novidades desta edición é a exposición A memoria da feira, na que se mostrará a traxectoria desta cita gandeira a través dos seus cartaces. Poderá verse na carpa, onde se instalará tamén un posto informativo do proxecto Marca Muras, que o Concello está a desenvolver coa colaboración da área de Rural e da Universidade de Santiago de Compostela para valorizar os produtos de calidade que se producen en Muras.
Daniel García reafirmou o compromiso da Vicepresidencia da Deputación coa Feira do Poldro de Muras, “un espello no que se miran outras feiras cabalares ou de gando da provincia e do país” e coas políticas de que o goberno municipal está a desenvolver para apoiar a actividade produtiva vinculada ao territorio con iniciativas como o proxecto Marca Muras, para valorizar todos os produtos de calidade que se producen en Muras"”. O responsabel provincial valorou a feira como unha plataforma “para recoñecer e trasladar ao conxunto da sociedade o valor ambiental, social e cultural da gandería e dos sistemas tradicionais de cría no monte”
A tenente de alcalde e coordinadora da feira Paula Gómez destacou Paula Gómez destacou "a participación activa da Asociación Atila, cunha xincana de barrís, e da Asociación de Mulleres Rurais de Muras, cunha exposición de pezas en madeira"
Tamén destacou a exposición de carteis históricos, unha forma de honrar a memoria da feira e das persoas que directa ou indirectamente tiveron e teñen que ver coa feira e especialmente das gandeiras e gandeiros que ademais manteñen vivo o rural"
As ganderías interesadas en participar no certame de gando poden inscribirse ata o 22 de setembro. Tamén está aberto o prazo para anotarse na carreira de andadura, ata o 21 de setembro.
Un gusto de rural, un rural degusto
O venres 25 e o sábado 26 de setembro, locais hosteleiros de Muras – Bar Santi e Chiringuito de Muras – ofrecerán degustacións de carne de poldro de Pura Raza Galega a partir das 20.00 horas no marco do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto.
Feira do Poldro: programa
Domingo, 27 de setembro
· 10.00 h. Apertura da feira
- 10.30 h. Calificación do gando
- 11.00 h. Demostración en vivo de talla en madeira con Marcos Ladra Sanjurjo e exposición de tallas da Asociación de Mulleres Rurais de Muras
- 11.00 h. Exhibición de escultura de madeira con motoserra.
- 11.10 h. Concurso morfolóxico Puraga
· 12.00 h. Degustación de hamburguesa “Gañidoira” de carne de poldro 100% Raza Autóctona
- 12.00 h. Presentación de carreiras de andadura
- 12.15 h. Carreiras andadura (-1,51)
- 13:00 h. Xincana de barrís. Asociación Atila
- 15.15 h. Presentación de carreiras de andadura
- 15.30 h. Carreiras andadura (+1,51 e SUB 16)
Actividades infantís de balde:
Bautismo hípico (Pony Club), de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas
Hinchables e toro mecánico, de 11.30 a 14.30 horas.