Deputación de Lugo

A Deputación participa en Lugo na inauguración da exposición sobre a historia de axentes comerciais

miguel fernández
Pablo Rivera Capón
Lugo

Os Deputados Provinciais, Miguel Fernández e Pablo Rivera, participaron na inauguración da exposición 100 años de historia e de futuro dos axentes comerciais de España que dende hoxe abre as súas portas no Vello Cárcere de Lugo. A mostra está organizada polo Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo (COAC), co gallo do seu centenario, e conta co apoio da institución provincial que achega 3.000 euros para a súa organización. Os Deputados estiveron acompañados, entre outras autoridades, polo presidente do COAC, Jaime Gueimonde.