A Deputación participa en Monforte nos actos conmemorativos na honra da Patroa
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, xunto ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participou este sábado nos actos conmemorativos na honra da Virxe de Montserrat, que se celebraron na Igrexa de San Vicente do Pino. Tras a eucaristía, tivo lugar a tradicional procesión coa Virxe, que culminou coa ofrenda floral.
A xornada festiva continuou co Día do Gaiteiro e, pola tarde, terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional, así como os espectáculos de fogos artificiais previstos con motivo das festas. A Deputación de Lugo colabora cos festexos de Monforte a través do Plan Deputación, reafirmando o seu compromiso coa promoción das actividades culturais, tradicionais e turísticas que contribúen á dinamización dos concellos, á participación da veciñanza e á xeración de actividade e riqueza no territorio.