A Deputación concéntrase en San Marcos para reivindicar o Día do Orgullo LGTBI
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participaron este domingo na concentración que tivo lugar na Praza de San Marcos con motivo do Día do Orgullo LGTBI, que se conmemora cada ano o 28 de xuño. A institución provincial despregou este venres a bandeira multicolor que simboliza as diferentes orientacións sexuais e identidades de xénero.
O martes, no Pleno da Corporación, a Deputación aprobará unha Declaración Institucional para denunciar a persistencia da discriminación e a violencia e chamar a reforzar as políticas públicas de igualdade, protección, educación e convivencia.