Deputación de Lugo

A Deputación súmase ao recoñecemento a Tomás Notario Vacas co descubrimento dun monólito na ponte das Saamasas

concello de lugo

O Deputado Miguel Fernández participou este luns no acto de descubrimento do monólito conmemorativo dedicado ao enxeñeiro lucense Tomás Notario Vacas na ponte das Saamasas, unha homenaxe coa que a cidade recoñece a súa contribución ao desenvolvemento urbano e á mellora da mobilidade en Lugo. O Deputado provincial destacou o legado dun profesional que deixou unha pegada duradeira na transformación da capital lucense e puxo en valor unha infraestrutura que, máis de medio século despois da súa construción, continúa sendo unha conexión fundamental para a cidade e un exemplo da importancia do seu traballo ao servizo do interese público.