A Deputación reafirma o seu compromiso con FADAS Lugo na IX Feira que organiza a entidade
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres na inauguración da novena edición da Feira de Asociacións de Ámbito Social de Lugo, que estará dispoñible ao longo de toda a xornada de hoxe na Praza Maior de Lugo. Esta cita reúne a numerosos colectivos co obxectivo de que os veciños e veciñas coñezan o seu funcionamento e os proxectos que levan a cabo.
Fernández Méndez recalcou que “a institución provincial mantén unha estreita colaboración con esta entidade realizando unha achega económica de 10.000€ para apoiar o seu funcionamento”. Nesta liña, o Deputado Provincial tamén puxo en valor que “estamos ao carón do tecido asociativo colaborando activamente nas iniciativas que levan a cabo destinadas a mellorar a calidade de vida e de benestar de toda a veciñanza”.