Deputación de Lugo

A Deputación súmase á campaña de sensibilización de ALUFI polo Día Mundial da Fibromialxia

alufi
carmela lópez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada dos Deputados Provinciais Miguel Fernández, Carlos López e Iván Castro, visitou este martes a mesa informativa e de cuestación que instalou na entrada do Pazo de San Marcos a Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI). Fíxoo con motivo da conmemoración do Día Mundial da Fibromialxía e Fatiga Crónica, unha xornada que se celebra cada 12 de maio co obxectivo de dar visibilidade a este síndrome de dor crónico e xeneralizado.

Carmela López amosou o apoio da institución provincial a este colectivo “co que colaboramos a través dunha achega económica de 3.000€”. Puxo en valor ademais o traballo diario que realizan asociacións e colectivos como ALUFI “tratando de mellorar o día a día dos seus usuarios e das súas familias e contribuíndo a sensibilizar á sociedade sobre unha enfermidade que segue sendo invisible para boa parte da sociedade”.