Cultura
Deputación de Lugo
Economía
Formación
Turismo

Arrincan na Catedral de Lugo as Rutas polo Románico da Deputación con 16 visitas gratuítas pola provincia

Pilar Garcia Porto
Rutas románico
Catedral de Lugo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na posta en marcha da sexta edición das Rutas polo Románico da Deputación, que arrancaron este venres na Catedral de Lugo e se desenvolverán ao longo de todo o mes de maio por distintos concellos da provincia. A institución provincial promove estas visitas gratuítas para poñer en valor o importante patrimonio románico lucense coincidindo co Día da Transrománica, que se celebra o 9 de maio.

Pilar García Porto subliñou que a programación deste ano “inclúe 16 rutas gratuítas con 325 prazas, que permitirán descubrir catorce xoias do románico europeo en territorio lucense”. As persoas que queiran participar, aínda poden anotarse en: https://inscricions.deputacionlugo.org/ 
A Deputación de Lugo integra desde 2021 a rede Transrománica, un Itinerario Cultural Europeo recoñecido polo Consello de Europa que agrupa territorios de varios países europeos.