Deputación de Lugo

Trabada vive a súa Festa da Enfariñada máis numerosa co apoio da Deputación

carmela lópez
Festa da Enfariñada
Trabada
A Presidenta compartiu este domingo coa veciñanza esta cita festiva, da que destacou que “é un exemplo do valor das nosas tradicións populares e da capacidade da xente de manter vivas as citas que forman parte da nosa identidade colectiva”

A Presidenta da Deputación, Carmela López, compartiu este domingo coa veciñanza a Festa da Enfariñada máis numerosa. Participou desta cita xunto ao Alcalde de Trabada, Rubén García, alcaldes e alcaldesas da contorna, membros da corporación local e centos de persoas na explanada fronte ao parque da rúa San Roque. 

Destacou Carmela López que a institución provincial achega 10.000€ a esta iniciativa, “que é un exemplo do valor das nosas tradicións populares, e da capacidade da xente de manter vivas as citas que forman parte da nosa identidade colectiva”.

Subliñou que a Enfariñada funciona como un elemento de identidade local, que pon en valor o patrimonio cultural, reforza o tecido comunitario e contribúe á dinamización social e turística do concello, atraendo visitantes e xerando actividade arredor. “Colaboramos coa Enfariñada respondendo ao noso compromiso co tecido asociativo e coas festas tradicionais, que son fundamentais para impulsar o equilibrio territorial da nosa provincia”, destacou.

A sétima edición desta celebración contou coma sempre coas degustacións das típicas enfariñadas, elaboradas con touciño, ovos, leite, fariña e auga. Volveu a contar con opcións sen glute, filloas de Muimenta e, un preparado con Bonito de Burela que foi unha das novidades este ano que ofreceu o colectivo Ledicia.