A Deputación visita o Portomarín Beerfest, que arranca hoxe con 13 marcas nacionais e internacionais
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este venres o recinto do Portomarín BeerFest, que abre esta quinta edición coa participación de 13 produtores e marcas nacionais e internacionais nun formato que combina cervexa artesanal, viños e sidras.
Ademais de percorrer os postos do recinto, a Deputada tamén participou no Tolemia Pura, unha cata a porta pechada con barra libre de degustación que se incorpora este ano ao programa do festival como experiencia exclusiva de contacto directo entre produtores e asistentes. A Deputación colabora desde os inicios con esta iniciativa, cunha achega de 3.000 euros nesta edición, co obxectivo de apoiar un evento que contribúe a diversificar a oferta turística e atraer visitantes, complementando o fluxo do Camiño de Santiago.