O Pazo de San Marcos recibe a visita dunha trintena de persoas de Diaconía Lugo
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este mércores no Pazo de San Marcos a un grupo composto por unhas trinta de persoas usuarias de Diconía Lugo, unha entidade social que traballa con colectivos en situación de vulnerabilidade. Rivera Capón deulles a benvida nunha xornada na que o grupo puido achegarse a parte da historia da sede provincial, un dos edificios máis emblemáticos da provincia. A visita continuou cun percorrido guiado polas instalacións, no que as persoas participantes puideron coñecer de primeira man o funcionamento da institución provincial e o valor patrimonial do edificio.
Diconía Lugo desenvolve o seu labor con persoas migrantes e refuxiadas, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas sen fogar e outras en risco de exclusión social, ofrecéndolles acollida, atención integral e ferramentas para favorecer a súa inclusión e autonomía.