Deputación de Lugo

A Deputación corta a estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares polos danos na calzada

Chantada
Imaxe deputación de lugo
Técnicos da institución provincial valoraron esta mañá o estado da vía á altura do quilómetro 15, ao seu paso pola parroquia chantadina de Nogueira de Miño, onde apareceu unha fenda de varios centímetros no borde exterior do firme

A Deputación de Lugo cortou este venres ao tráfico a estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares, para garantir a seguridade dos condutores que transitan por esta vía. Técnicos da institución provincial valoraron esta mañá o estado da calzada á altura do quilómetro 15, ao seu paso pola parroquia chantadina de Nogueira de Miño, onde apareceu unha fendade varios centímetros no borde exterior do firme.

Trátase dun treito que descorre á beira do río Miño, nunha zona de viñedos que soporta maquinaria agrícola e tráfico fundamentalmente local. A institución provincial xa  reparara esta estrada, que percorre as ladeiras entre o Miño e o Sil, no 2019, tras os danos ocorridos a esa mesma altura. Trátase dunha zona especialmente complicada polas características do terreo.

Os técnicos da Deputación estudian agora as posibles solucións que se lle pode dar a esta vía da Ribeira Sacra e que forma parte da rede de estradas provinciais.