A Presidenta destaca os elementos diferenciais dos viños da Ribeira Sacra na Feira do Viño de Chantada
A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este domingo á 43 edición da Feira do Viño de Chantada. Destacou a mandataria os elementos diferenciais dos viños da Ribeira Sacra, un produto “que combina paisaxe, tradición milenaria e unha uva mencía que cada vez está máis valorada pola súa autenticidade”. Sinalou que “os viños da Ribeira Sacra son especiais, un emblema que fala da calidade dos nosos produtos e da tradición do territorio; e que ademais xeran riqueza e emprego”, sinalou Carmela López nunha cita que abre o calendario de feiras do viño do sur da provincia.
Durante a xornada de hoxe desenvolveranse algúns dos actos centrais da Feira do Viño de Chantada, con lectura do manifesto polo 8M, a lectura do pregón a cargo do presentador Roberto Vilar, ou a entrega de premios no palco da carpa principal.