Veterinaria acollerá reunións de traballo dunha rede eureopea de apoio á apicultura, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
A Facultade de Veterinaria da USC acolle esta semana – o 3 e 4 de marzo – diversas reunións de traballo da rede europea de apoio ao desenvolvemento sostibel da apicultura BeSafeBeeHoney, formada por investigadores universitarios, centros de I+D , organizacións non gubernamentais e empresas de máis de 40 países.
Concretamente, a facultade lucense acollerá reunións de grupos de traballo centrados nas propiedades nutriconais e medicinais do mel, nas enfermidades prevalentes e factos que ameazan as colonias de abellas e nas consencuencias da pérdida destes insectos para os ecosistemas agrarios, nas que participarán 25 investigadores de universidades e centros de investigación de Portugal, Alemania, Polonia, Turquia, Serbia, Albania, Macedonia ou Arxelia, e na que intervirán tamén produtores e representantes do sector na provincia e en Galiza
A actividade, impulsada desde a área de Producción Animal da Facultade de Veterinaria, contará co apoio da área de Rural, que amplía así á investigación as súas iniciativas de apoio ao sector centradas, especialmente, en formación para as apicultoras e apicultores da man da Asociación Galega de Apicultura e da Casa do Mel de Goente.