Deputación de Lugo

Carmela López dá a benvida a 16 empregados públicos que veñen de tomar posesión na Deputación

carmela lópez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a San Marcos a 16 traballadoras e traballadores públicos que tomaron posesión esta mañá. Entre eles hai cinco funcionarios de carreira, seis interinos, unha traballadora que se incorpora como persoal laboral temporal e outras catro como persoal laboral fixo. Levarán a cabo as súas funcións como enxeñeiros agrícolas, auxiliares, fisioterapeutas, maquinistas, ou peóns para a reparación de vías. Durante o acto tamén estiveron presentes a Deputada de Réxime Interior, Promoción do territorio e Turismo, Pilar García Porto, e a Xefa do Servizo de Recursos Humanos, Pilar Ferreiro Martínez.