A Deputación intensifica os labores nas estradas provincias ante o xeo acumulado polas nevaradas
A Deputación de Lugo segue traballando de maneira ininterrompida nas estradas provinciais para facer fronte ao empeoramento das condicións meteorolóxicas tras as nevaradas desta noite. A combinación de baixas temperaturas e neve residual provocou a formación de placas de xeo que dificultan a circulación en numerosos treitos, especialmente na Montaña lucense e nas zonas de maior altitude.
Segundo informan os técnicos despregados no territorio, a intensidade das xeadas superou o efecto da sal aplicada a última hora de onte, o que obrigou a reforzar o operativo provincial para garantir a seguridade viaria. O dispositivo da Deputación inclúe inclúe maquinaria quitanieves, vehículos de apoio, todoterreos e persoal especializado, distribuído en toda a provincia, e permanece en alerta continua ante calquera incidencia.
En tramos como o Cinto Comarcal á altura de Castroverde, onde a a altitude media rolda os 600 metros sobre o nivel do mar, as condicións da estrada resultan practicamente intransitables pola presenza de xeo e placas moi compactas, obrigando a extremar a precaución ou a evitar o paso de vehículos alí onde non é absolutamente necesario.
Durante a noite rexistráronse decenas de incidencias, principalmente relacionadas con vehículos atascados, placas de xeo e dificultades de circulación, pero ningunha delas tivo carácter grave nin consecuencias humanas relevantes. Os equipos provinciais seguiron actuando sen descanso para manter abertas as vías e prestar apoio aos servizos esenciais.