A Deputación despexa neve nas estradas da Montaña e permanece en alerta ante o temporal Ingrid
O dispositivo despregado pola institución provincial conta cun total de 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 vehículos todoterreo de apoio para atender incidencias, 13 silos con 500 toneladas de sal para asistencia aos concellos e 64 operarios preparados para manter as vías transitables
A Deputación de Lugo continúa a traballar sen descanso nas estradas provinciais afectadas pola borrasca Ingrid e permanece en alerta ante a previsión de intensificación do temporal nas próximas horas. A institución provincial intervén na práctica totalidade da provincia debido ás precipitacións persistentes, cunha cota de neve situada arredor dos 600 metros, aínda que variable segundo a orografía de cada zona. O espesor acumulado da neve oscila entre 5 e 25 centímetros, provocando dificultades na circulación e peches puntuais de vías.
O dispositivo despregado pola Deputación conta con 24 máquinas quitanieves, 8 vehículos de apoio, 8 todoterreo para atender incidencias como árbores caídas e 64 operarios. Así mesmo, están activos os 13 silos de sal distribuídos pola provincia, con 500 toneladas dispoñibles para asistir e apoiar aos concellos. Estes deberán notificar á institución provincial a retirada de sal dos depósitos para garantir o control do seu uso e a correcta distribución durante a alerta meteorolóxica.
Ademais, o dispositivo provincial presta apoio ao persoal do programa Xantar na Casa, que circula detrás das quitanieves para asegurar que a comida chegue puntualmente ás persoas usuarias nos lugares programados.
Os concellos máis afectados sitúanse nas zonas da Montaña lucense e nas áreas altas da provincia, rexistrando acumulacións de neve de entre 5 e 25 centímetros e dificultades na circulación. As estradas afectadas, por concello, son as seguintes:
- Baleira: LU-P-0401: De Corveira, por Corneas, ao Restelo; LU-P-0405: De Fonteo á Lastra; LU-P- 0407: De Fontaneira por Vilar dos Adrios Espesor aproximado: 10 cm
- Becerreá: LU-P-0704; LU-P-0707; LU-P-0708; LU-P-6221 e LU-P-0702 Espesor: 10–20 cm
- O Courel: LU-P-1301; LU-P-1303; LU-P-1304; LU-P-1305; LU-P-1306; LU-P-4501, LU-P-4701, LU- P-4505, LU-P-5004, LU-P-5601. Espesor: 10–20 cm
- A Fonsagrada: LU-P-1906; LU-P-3601; LU-P-1901; LU-P-4606; LU-P-4811. Espesor: 5–10 cm
- Cervantes: LU-P-1401; LU-P-1404; LU-P-1405; LU-P-1411; LU-P-1412. Ademias da LU-P- 0702; 1402; 1403; 1406; 1407;1408; 1409; 1410; 3505 e a LU-P- 4505. Espesor: 10–25 cm
- O Incio: LU-P-2505 (Foilebar – Lamarredonda – Aira Padrón) PECHADA; LU-P-1306 (Megoxe – Herrería do Incio); LU-P-2501, 2502, 2503, 2504, 4706, 5711, 2507. Espesor: 5–10 cm
- Navia de Suarna: LU-P-3501, 3502 (PECHADA); 3508, 3505, 3509, 1901; 3503, 3511 e a 3512. Espesor: 10–15 cm
- Negueira de Muñiz: LU-P-3601e a LU-P-3602
- As Nogais: LU-P-3701, 4503, 0707 e a LU-P- 3702
- Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, 4503, 4505, 1301, 1304, 4501e a 4502. Espesor: 10–20 cm.
-Quiroga: A LU-P-5001, 5004, 5002 e a 5005
- Ribas de Sil: Estrada de San Clodio ao Alto da Cruz da Moa
- Samos: A LU-P-5603, 5601, 1306, 5605, 2503, 2507, 5602, 5604
Espesor: 5–12 cm
-Triacastela: A LU-P-3702, 6201, 0706, e a LU-P-4505.