A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a participación do CV Emevé na Copa da Raíña
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo Cristina López recibiron esta mañá no Pazo de San Marcos ao equipo do CV Emevé, que mañá viaxa a Tenerife para xogar a Copa da Raíña.
O equipo lucense logrou unha clasificación histórica para disputar a competición copeira, que xa xogaron en 2022, daquela como equipo anfitrión ao celebrado en Lugo. Efrén Castro destacou este fito histórico no acto, celebrado no Salón de Actos, no que puxo de manifesto “o apoio continuado e estable ao club por parte da Deputación de Lugo” e adiantou “unha colaboración excepcional co club para contribuír ao financiamento dos gastos relacionados coa participación nesta competición”.
A concelleira Cristina López parabenizou ás xogadoras e ao corpo técnico e trasladoulles “apoio e o orgullo da cidadanía lucense por contar cun equipo feminino que leva o nome de Lugo por todo o Estado”.
O CV Emevé viaxa mañá cara a Tenerife, coa vista posta na primeira eliminatoria -cuartos de final – que xogarán co Avarca de Menorca, o xoves 22 de xaneiro ás 17.00 horas.