O Pleno aproba as bases do Plan Deputación 2026, que inxectará 22,25M€ nos concellos da provincia
O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes vén de aprobar as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2026, que sobe ata os 22,25M€. Esta ferramenta de cooperación económica e técnica entre a Administración provincial e os municipios segue criterios públicos e obxectivos -a poboación, o índice de envellecemento ou a dispersión territorial- e mantén un respecto total á autonomía municipal. O programa de investimentos saíu adiante grazas aos votos a favor do PSdeG, do BNG e do deputado non adscrito, e a abstención do Partido Popular.
Este acordo permitirá aos 67 concellos da provincia desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. A Deputación de Lugo dá así resposta ás situacións e necesidades concretas de cada municipio, reforzando a súa autonomía, xa que é cada un dos diferentes gobernos locais os que deciden en que queren investir estes fondos provinciais.
Este é o sexto ano consecutivo que o Executivo provincial saca adiante o Plan Deputación no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor estes recursos. A normativa que regula esta ferramenta de cooperación publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 7 de xaneiro, o que permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.
A distribución dos fondos por concello:
|
CONCELLOS |
ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN DEPUTACIÓN 2025 |
|
ABADÍN |
338.703,66 € |
|
ALFOZ |
278.680,07 € |
|
ANTAS DE ULLA |
271.965,15 € |
|
BALEIRA |
280.439,69 € |
|
BARALLA |
295.881,37 € |
|
BARREIROS |
282.079,68 € |
|
BECERREÁ |
306.870,83 € |
|
BEGONTE |
301.052,85 € |
|
BÓVEDA |
247.729,48 € |
|
BURELA |
382.559,68 € |
|
CARBALLEDO |
328.688,38 € |
|
CASTRO DE REI |
401.137,04 € |
|
CASTROVERDE |
305.750,99 € |
|
CERVANTES |
348.452,98 € |
|
CERVO |
300.710,19 € |
|
CORGO (O) |
343.766,38 € |
|
COSPEITO |
365.136,17 € |
|
CHANTADA |
477.802,85 € |
|
FOLGOSO DO COUREL |
275.036,13 € |
|
FONSAGRADA (A) |
448.551,23 € |
|
FOZ |
440.477,21 € |
|
FRIOL |
415.835,14 € |
|
GUITIRIZ |
448.352,31 € |
|
GUNTÍN |
320.308,12 € |
|
INCIO (O) |
292.622,91 € |
|
LÁNCARA |
300.119,22 € |
|
LOURENZÁ |
254.552,80 € |
|
LUGO |
600.000,00 € |
|
MEIRA |
224.955,25 € |
|
MONDOÑEDO |
310.870,68 € |
|
MONFORTE DE LEMOS |
600.000,00 € |
|
MONTERROSO |
312.182,52 € |
|
MURAS |
288.388,07 € |
|
NAVIA DE SUARNA |
324.478,64 € |
|
NEGUEIRA DE MUÑIZ |
195.909,52 € |
|
NOGAIS (AS) |
251.901,97 € |
|
OUROL |
300.648,32 € |
|
OUTEIRO DE REI |
368.748,52 € |
|
PALAS DE REI |
383.462,59 € |
|
PANTÓN |
328.789,06 € |
|
PARADELA |
293.669,10 € |
|
PÁRAMO (O) |
248.992,75 € |
|
PASTORIZA (A) |
328.733,39 € |
|
PEDRAFITA DO CEBREIRO |
272.464,75 € |
|
POBRA DO BROLLÓN (A) |
288.274,32 € |
|
POL |
273.995,15 € |
|
PONTENOVA (A) |
276.380,33 € |
|
PORTOMARÍN |
266.368,92 € |
|
QUIROGA |
352.891,70 € |
|
RÁBADE |
195.574,96 € |
|
RIBADEO |
461.811,10 € |
|
RIBAS DE SIL |
232.056,39 € |
|
RIBEIRA DE PIQUÍN |
243.626,26 € |
|
RIOTORTO |
240.585,38 € |
|
SAMOS |
281.918,47 € |
|
SARRIA |
598.422,69 € |
|
SAVIÑAO (O) |
384.540,09 € |
|
SOBER |
325.670,53 € |
|
TABOADA |
328.431,30 € |
|
TRABADA |
256.932,93 € |
|
TRIACASTELA |
205.885,94 € |
|
VALADOURO (O) |
290.680,20 € |
|
VICEDO (O) |
261.674,90 € |
|
VILALBA |
600.000,00 € |
|
VIVEIRO |
600.000,00 € |
|
XERMADE |
311.523,80 € |
|
XOVE |
285.296,96 € |
|
TOTAL |
22.250.000,00 € |