O Pazo de San Marcos acolle a IX Reunión Interdisciplinar en Linfomas para avanzar no diagnóstico e tratamento
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, deu a benvida este venres pola tarde no Pazo de San Marcos aos profesionais da saúde que participan na IX Reunión Interdisciplinar en Linfomas, e destacou a importancia deste foro para analizar os últimos avances no diagnóstico e tratamento destes tumores hematolóxicos. García Porto agradeceu aos organizadores que elixiran Lugo para celebrar este encontro anual e puxo en valor “a cooperación, a formación continuada e a investigación para mellorar a atención aos pacientes e fortalecer a resposta sanitaria na provincia”.