O Presidente anuncia que o Pleno de decembro aprobará as bases do Plan Deputación 2025, que sobe ata os 22M€
- Por quinto ano consecutivo, o Executivo provincial sacará adiante o plan de investimentos no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que lle permite aos concellos planificar as accións con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poidan aproveitar mellor os fondos
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este martes que ao Pleno ordinario deste mes de decembro, que se celebrará o venres 27, levará para o seu debate e aprobación as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2025. Un programa de investimentos que, subliñou o Presidente, o Goberno sobe ata os 22M€, e grazas ao que as 67 entidades locais da provincia poderán desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos ou administración electrónica.
O programa supón, polo tanto, “transferirlles aos concellos máis do 20% dos Orzamentos provinciais, seguindo criterios públicos e obxectivos, e cun respecto total á autonomía municipal”, asegura José Tomé. O Plan Deputación 2025 mantén así a súa esencia, facendo o reparto tendo en conta a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Así mesmo, o mandatario provincial detalla que esta medida “forma parte do noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano incorporamos melloras, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos, e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”, subliña.
Plan Deputación 2025
Por quinto ano consecutivo, o Executivo provincial sacará adiante o plan no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos. Por exemplo, as obras públicas poderanse executar na primavera-verán, o período do ano máis axeitado para traballar en exteriores dadas as características climáticas da provincia.
Así mesmo, as bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 7 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que tamén permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.
A distribución dos fondos por concello
|
CONCELLOS |
ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN DEPUTACIÓN 2025 |
|
ABADÍN |
335.785,64 € |
|
ALFOZ |
276.071,30 € |
|
ANTAS DE ULLA |
270.042,03 € |
|
BALEIRA |
279.563,50 € |
|
BARALLA |
293.154,24 € |
|
BARREIROS |
276.583,59 € |
|
BECERREÁ |
304.164,14 € |
|
BEGONTE |
297.183,04 € |
|
BÓVEDA |
247.818,80 € |
|
BURELA |
366.107,29 € |
|
CARBALLEDO |
325.905,19 € |
|
CASTRO DE REI |
392.736,01 € |
|
CASTROVERDE |
303.686,54 € |
|
CERVANTES |
348.111,33 € |
|
CERVO |
294.804,20 € |
|
CORGO (O) |
339.172,71 € |
|
COSPEITO |
359.917,29 € |
|
CHANTADA |
464.153,15 € |
|
FOLGOSO DO COUREL |
270.284,08 € |
|
FONSAGRADA (A) |
443.954,83 € |
|
FOZ |
424.462,39 € |
|
FRIOL |
411.317,95 € |
|
GUITIRIZ |
441.217,44 € |
|
GUNTÍN |
316.132,93 € |
|
INCIO (O) |
290.414,76 € |
|
LÁNCARA |
296.729,80 € |
|
LOURENZÁ |
251.714,14 € |
|
LUGO |
600.000,00 € |
|
MEIRA |
222.796,96 € |
|
MONDOÑEDO |
306.943,51 € |
|
MONFORTE DE LEMOS |
600.000,00 € |
|
MONTERROSO |
306.181,11 € |
|
MURAS |
288.017,86 € |
|
NAVIA DE SUARNA |
317.954,92 € |
|
NEGUEIRA DE MUÑIZ |
194.491,20 € |
|
NOGAIS (AS) |
252.235,64 € |
|
OUROL |
301.622,06 € |
|
OUTEIRO DE REI |
360.551,75 € |
|
PALAS DE REI |
379.241,05 € |
|
PANTÓN |
327.706,71 € |
|
PARADELA |
293.245,47 € |
|
PÁRAMO (O) |
246.219,69 € |
|
PASTORIZA (A) |
325.846,47 € |
|
PEDRAFITA DO CEBREIRO |
277.535,01 € |
|
POBRA DO BROLLÓN (A) |
291.333,69 € |
|
POL |
272.791,41 € |
|
PONTENOVA (A) |
273.800,21 € |
|
PORTOMARÍN |
264.597,13 € |
|
QUIROGA |
349.416,56 € |
|
RÁBADE |
193.428,36 € |
|
RIBADEO |
443.314,52 € |
|
RIBAS DE SIL |
225.723,39 € |
|
RIBEIRA DE PIQUÍN |
247.029,89 € |
|
RIOTORTO |
238.941,19 € |
|
SAMOS |
281.919,32 € |
|
SARRIA |
572.952,44 € |
|
SAVIÑAO (O) |
380.434,91 € |
|
SOBER |
323.829,11 € |
|
TABOADA |
325.637,47 € |
|
TRABADA |
254.519,27 € |
|
TRIACASTELA |
204.867,74 € |
|
VALADOURO (O) |
288.149,70 € |
|
VICEDO (O) |
261.225,39 € |
|
VILALBA |
600.000,00 € |
|
VIVEIRO |
594.412,01 € |
|
XERMADE |
309.520,31 € |
|
XOVE |
280.378,23 € |
|
TOTAL |
22.000.000,00 € |