A Deputación reafirma o seu apoio ao sector audiovisual nun simposio do sector sobre IA e as novas tecnoloxías
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, asistiu este venres na Delegación da Xunta de Galicia en Lugo ao Simposio sobre o sector audiovisual que organizou a Asociación de Produtoras Independentes de Lugo (APRIL). Este encontro, dirixido polo presentador David Vilares, serviu para compartir as localizacións para rodaxes que poden atoparse na provincia e abordar o seu futuro con respecto á intelixencia artificial e ás novas tecnoloxías. Ademais, este cita tamén permitiu fortalecer as relacións entre os profesionais do audiovisual que asistiron.