O Presidente salientao labor dePalomino e Pereira Espinel no 30 aniversario do hospital RofCodina
A reunión extraordinaria do padroado da Fundación, á que pertence a institución provincial, acordou esta mañá recoñecer coa insignia de ouro a estas dúas persoas “que dedicaron a súa vida ao servizo da ciencia e do ensino”
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres nos actos con motivo do 30 aniversario da Fundación RofCodina que se celebrou na Facultade de Veterinaria do Campus Terra. Durante a súa intervención, o mandatario provincial loou o labor dos académicos homenaxeados: Luis Felipe de la Cruz Palomino e JoséLuis Pereira Espinel, porque “ambos deixaron unha pegada imborrable no ámbito da medicina veterinaria e na comunidade educativa”.
Nos actos, que tiveron lugar tras a reunión extraordinaria do padroado á que pertence a institución provincial, acompañaron ao Presidente a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López; o Reitor da USC, Antonio López; a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; o xerente do RofCodina, Javier Ferreira; e o Decano da Facultade de Veterinaria, Gonzalo Fernández; entre outras autoridades.
“É un pracer poder estar hoxe aquí, participando no 30 aniversario dunha institución tan importante”, valorou o Presidente, quen apuntou que “esta entidade ten demostrado un compromiso incansable coa investigación, coa docencia e co desenvolvemento da medicina veterinaria en Galicia”. Remarcou o “especial” do evento por decidir homenaxear “a dúas persoas que dedicaron a súa vida ao servizo da ciencia e do ensino”.
Agradeceu o labor de Luís Felipe de la Cruz, “a túa dedicación ten sido unha fonte de inspiración para moitos, por esa capacidade para conxugar un labor académico brillante cunha implicación social que transcendeu fronteiras”. Por outra banda, á familia do finado José Luís Pereira Espinel, “quero darlle tamén as gracias, porque el ten sido un pilar fundamental da nosa comunidade científica e educativa. Un dos impulsores do hospital veterinario, traballou con rigor e cercanía para elevar os estándares da ensinanza veterinaria en Lugo para que hoxe sexa precisamente o que é”.