Recepción ás rapazas e rapaces premiados no certame internacional de manexo de gando Young Breedes School, celebrado en Bélxica

vicepresidencia
RURAL
CLUB XÓVENES GANDEIROS
CONCURSOS DE MANEXO

A deputada Iria Castro recibiu no Pazo de San Marcos as rapazas e rapaces do Club de Xóvenes Gandeiros, premiados no certame internacional de manexo de gando Young Breedes School que se celebrou do 28 de agosto ao 1 de setembro en Bélxica:  María e Andrea Otero, da granxa Fontixón, de Castro de Rei,  Alba López, da Gandería Quintián, do Páramo,  Xabier Montes, de Rodeiro, e Simón Blanco, do Val do Dubra.

A responsable provincial sinalou a necesidade de valorar este tipo de recoñecementos "É importante que presumades do premio, e que presumades tamén do traballo como gandeiras e gandeiros para animar o relevo xeneracional", explicou a deputada que lembrou a importancia do sector leiteiro na provincia de Lugo, que produce o 40 por cento do leite de Galiza. Do equipo premiado formou parte tamén Lorena Iglesia, da SAT Rey de Miñotelo, da Pastoriza, que non puido acudir ao acto.