Cultura
Deputación de Lugo
Economía
Turismo

O Presidente subliña a calidade dos caldos da Ribeira Sacra na 44ª Feira do Viño de Amandi, coa que colabora a Deputación

Feira do Viño
Amandi
Sober
Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo na edición 44ª da Feira do Viño de Amandi, de Sober, que conta con apoio económico da institución provincial. José Tomé salientou a calidade dos viños da Ribeira Sacra e a importancia deste sector para o PIB da provincia e a riqueza que xera na comarca, que se ve exemplificado na participación que hai nesta cita, onde se conta con máis de 20 adegas. O programa de actividades da feira, coa que colabora a Deputación con máis de 10.000€ a través do Plan Deputación, incluíu hoxe a lectura do pregón da xornalista Lucía Rodríguez.