Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Daniel García inaugura as obras realizadas na rúa do Pipelo en Ribadeo Ribadeo, financiadas integramente pola Vicepresidencia da Deputacion

RURAL
DANIEL GARCÍA
CONCELLO DE RIBADEO
rúa do Pipelo

O deputado Daniel García visitou esta mañá a rúa do Pipelo en Ribadeo, que foi inaugurada oficialmente despois das obras realizadas na rúa e na súa contorna, cun investimento de 183.000 euros da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A intervención, financiada integramente pola área provincial e iniciada e adxudicada polo anterior goberno municipal, supuxo a renovación completa do firme da rúa, na que se instalou mobiliario urbano e árbores ornamentais  e levouse a cabo unha ampliación e acondicionamento dunha zona de aparcadoiro a carón da vía, situada entre o escola infantil e o centro de día

Daniel García, que estivo acompañado polo alcalde Ribadeo Daniel Vega e polos concelleiros do BNG Pablo Vizoso e Vicente Castro, puxo en valor o investimento realizado nesta actuación, que “proporciona novas prazas de aparcamento e un espazo renovado e humanizado no centro histórico de Ribadeo, e que se suma a outras actuacións que se levaron a cabo nos últimos anos en Ribadeo con financiamento da Vicepresidencia Deputación de Lugo, como a pista multideportiva ou o carril bici entre o centro urbano e o faro de Illa Pancha, mellorando espazos públicos e proporcionando á veciñanza zonas de lecer ao aire libre”.