Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Rural da Deputación de Lugo pon en marcha a terceira edición do programa “Da escola á granxa”, que amplía o orzamento ata os 100.000 euros

DA ESCOLA Á GRANXA
DANIEL GARCÍA
axudas
Daniel García destacou o reforzo, por segundo ano consecutivo, desta iniciativa que amosa ás novas xeracións a importancia do sector primario

Rural da Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a terceira edición do programa de visitas escolares a granxas e producións agroalimentarias do rural Da escola á granxa, que medra en orzamento e oferta educativa por segundo ano consecutivo.

O deputado Daniel García informou  da aprobación esta mañá, na Xunta de Goberno,  das bases do programa, que contará cun investimento de 100.000 euros, 20.000 euros máis que na pasada edición, que permitirá incrementar o número de visitas que se realizaron o ano pasado – 106 visitas e obradoiros-.

O programa presentará nesta nova edición unha oferta formativa ampliada, con oito novas gandeirías e producións agrícolas que se incorporan ao programa, formulado co obxectivo de achegar as novas xeracións ao rural, amosando a importancia do sector primario para a producíon de alimentos saudables, a conservación do medio ambientes e da cultura tradicional.

Daniel García suliñou o crecemento desta iniciativa, que se puxo en marcha desde a Vicepresidencia da Deputación hai tres anos,  “cunha gran acollida por parte das Anpas e  colexios pero tamén das gandeirías, producións agrícolas e en xeral iniciativas de emprendemento no rural que ven nel unha oportunidade para  dar a coñecer o seu traballo, os produtos que elaboran e  o patrimonio natural da súa contorna”.

O deputado provincial adiantou que “o catálogo educativo que se ofrecerá este ano  inclúe 34 granxas, repartidas por toda a provincia, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos e marmeladas, ademais de obradoiros de educación ambiental impartidos pola asociación Adega”.

Solicitudes

A convocatoria publicarase a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia, abríndose daquela o prazo de solicitude para as Anpas de centros escolares públicos de infantil e primaria, con prioridade para as de concellos con menos de 20.000 habitantes.