O Presidente asiste ao encontro de despedida do Tenente Coronel Xefe da Comandancia de Lugo, Julio Javier González Chas
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves ao encontro de despedida do Tenente Coronel Xefe Interino da Comandancia de Lugo, Julio Javier González, con motivo da súa xubilación. Un acto que tivo lugar no restaurante A Fervenza, e ao que tamén asistiu a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades. No encontro, o mandatario provincial expresoulle o agradecemento e consideración polo traballo que desenvolveu durante o tempo que estivo no cargo e ao longo de toda a súa carreira profesional, e desexoulle moita sorte na súa nova etapa vital.