Deputación de Lugo
Infraestruturas

Comeza o estendido de aglomerado na estrada do Rato

rede viaria provincial
Río Rato

Este xoves comezaron os traballos de estendido do aglomerado na estrada provincial do Rato, a LU-P-2925, no marco do proxecto que acomete a Deputación cun orzamento de 150.000€ para a mellora da vía, no tramo que vai dende o inicio ata o punto quilométrico 3,079. Os traballos iniciados hoxe, cunha duración prevista de tres días, desenvolveranse con tráfico alternativo regulado mediante semáforos.

A primeira fase das obras consistiu no fresado do pavimento danado e a súa reposición con aglomerado en quente; así como o recrecido das zonas que presentaban afundimentos tamén con aglomerado. Agora procédese á pavimentación da plataforma afirmada nun ancho de 8 metros mediante microaglomerado en frío para mellorar a adherencia e aumentar a durabilidade do firme. O último paso será o repintado das marcas viarias e a colocación de separadores viais no eixo para calmar a velocidade do tráfico.