Deputación de Lugo
Innovación e TIC

A Deputación remata o proceso de selección do persoal para desenvolver o programa Acelera PEMES

ACELERA PEMES
A institución provincial conta con seis dinamizadores e un xestor dixital para ofrecer soporte e asesoramento gratuítos a PEMEs e persoas autónomas durante dous anos

A Deputación informa de que rematou o proceso de selección do persoal necesario para desenvolver o programa Acelera PEMES, a través do que prestará durante dous anos soporte e asesoramento gratuítos a PEMEs e persoas autónomas en materia de transformación dixital. O proxecto está financiado con fondos da Unión Europea, a través da entidade pública empresarial Red.Es -dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital-, que aporta 400.000€, mentres que a institución provincial achega 100.000€. Este programa conta con seis dinamizadores e un xestor dixital, que atenderán as oficinas xa despregadas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.