Deputación de Lugo
Turismo

O ciclo Música e Memes da Deputación achega a música clásica a medio cento de alumnos de Becerreá

Música e memes

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, asistiu este luns ao concerto celebrado no IES de Becerreá dentro do ciclo Música e Memes, impulsado pola Deputación de Lugo. A cita, que achega a música clásica ao alumnado, estivo destinada nesta ocasión a máis de medio cento de alumnos de segundo, terceiro e cuarto de educación secundaria. O estudantado de Monterroso, Viveiro, Burela e A Fonsagrada xa descubriron a música clásica dun xeito diferente con esta iniciativa que xira en torno ao Trío K. 498 Kegelstatt para clarinete, viola e piano, de W.A. Mozart. Este ciclo remata mañá, martes, en Vilalba cun encontro para os alumnos e alumnas da localidade.