Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación de Lugo apoia a 23ª Mostra do Aceite de Quiroga

Mostra do Aceite de Quiroga

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participou este domingo na 23ª edición da Mostra do Aceite de Quiroga, que, mantendo a tradición, celebrouse no Muíño de Aceite de Bendilló, nas Farrapas. Raposo valorou a importancia desta feira que pon en valor o aceite e ás persoas que o elaboran, destacando o incremento na calidade do ouro líquido, algo esencial para dinamizar a economía local. A Deputación de Lugo apoia ano a ano esta cita que recupera tradicións e achega a un gran número de visitantes á localidade.