Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora coa Asociación de Fibromialxia de Lugo

fibromialxia
O Pazo de San Marcos

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, estivo na mesa informativa que instalou este venres no Pazo de San Marcos a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Lugo para a concienciación e o apoio no día a día dos doentes. Ademais, foi o encargado de ler o manifesto co que a entidade reivindica a nivel nacional máis atención para esta enfermidade, que afecta a un 5% da poboación, da que un 90% son mulleres. A institución provincial colabora con esta entidade cunha achega anual de 3.000€, que permite o funcionamento do programa de actividades para persoas afectadas por esta doenza.