O Presidente da Deputación recibe ao novo director xeral da EOI para reforzar alianzas entre as dúas entidades
Máis de 1.600 pequenas e medianas empresas e profesionais benefícianse a través de 80 programas de formación gratuíta, superando as cifras obxectivas marcadas no inicio das actuacións, que contan cunha dotación de máis de 4 millóns de euros
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), Juan Ignacio Díaz Bidart, fundación pública adscrita ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, valoraron as actuacións de apoio a autónomos, pemes, mozos e desempregados da provincia promovidas gracias á colaboración de ambas entidades. Os programas iniciaron a súa andadura en outubro de 2021 e supoñen un investimento de 4 millóns de euros para a formación de profesionais, o apoio a pequenas e medianas empresas e o impulso de emprego na provincia de Lugo. Estes acordos contemplaban desenvolver polo menos 74 accións formativas en materia de transformación dixital e sen costo para os seus participantes para atender a máis de 1.600 pemes e personas nos seus diferentes programas.
Ata o día de hoxe formouse a máis de 1.400 alumnos en 70 programas, e están en promoción os últimos tres programas de pemes e autónomos en Desesenvolvemento de Negocio Dixital, Google Analytics vs Google Metatags e Fidelización de cliente.
Nas vindeiras semanas lanzaranse os últimos oito programas para mozos desempregados en ámbitos como Calidad alimentaria en industria agroalimentaria, Community manager e marketing dixital avanzado e Persoal técnico para a dixitalización de pemes, entre outros. Todos eles con inicio das formacións en maio e finalización en xuño, data na que rematan os convenios asinados.
O orzamento destas accións supuxo 4.112.207€, achegados nun 85,9% pola EOI a través do Fondo Social Europeo, e nun 14,1% pola Deputación de Lugo. As iniciativas que se impulsan forman parte dos Programas Operativos de intervención comunitaria do Fondo Social Europeo de Emprego, Formación e Educación, e do Programa de Fomento do Emprego Mozo.
Os tres ámbitos de actuación concrétanse da seguinte forma:
O primeiro dos convenios puxo en marcha a iniciativa Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, que consta de 32 accións de formación en transformación dixital para empresas e persoas autónomas, permite mellorar o tecido produtivo mediante a súa diversificación e modernización organizativa e tecnolóxica, impulsando a sociedade do coñecemento e dando valor á cualificación dos recursos humanos. As persoas destinatarias das accións formativas foron aquelas que realizaban unha actividade profesional por conta propia, e persoal técnico ou directivo de pemes situadas na provincia de Lugo. A través destas accións vaise chegar a apoiar a unhas 640 pemes e negocios autónomos.
Cada un destes programas desenvólvese durante un período de entre 6 e 8 semanas, constando canda un deles dunha parte lectiva en grupos de 80 horas de formación, máis 35 horas de titorías individualizadas, co obxectivo de que as empresas involucradas melloren o seu posicionamento competitivo a través de diferentes liñas de traballo, como poden ser a internacionalización, a introdución de tecnoloxía, a innovación en produto, servizo ou modelo de negocio a través de cursos de transformación dixital para pemes, a mellora e innovación na xestión e cursos de asesoramento empresarial.
Grazas a estes programas, as empresas lucenses, de xeito gratuíto, puideron xerar unha renovación no seu negocio, un escaparate dixital en moitas delas, tendo un alcance xeográfico de toda a provincia, ademais de poder chegar a maiores colectivos de poboación e que, de facelo pola súa conta, suporía un custo que moitas delas non poderían asumir.
O segundo dos convenios desenvolveu mediante 11 accións a formación en novas profesións e dixitalización para persoas desempregadas de longa duración na provincia de Lugo. A formación específica orientouse cara a renovación xeracional no sector vitivinícola, á atención sociosanitaria de persoas dependentes ou a sectores como a loxística. A través destas accións, apóiase a máis de 180 persoas destes ámbitos, impulsando a súa transformación profesional e reducindo a brecha competencial entre oferta e demanda do mercado laboral.
E, por último, o terceiro dos convenios activou o programa Reiníciate. Enfoca o teu futuro, que está permitindo desenvolver 38 programas formativos para o fomento do emprego para mozos e mozas desempregados de 16 a 29 anos e rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil, nos que participaron preto de 800 persoas. Ademais, este programa facilitou a inserción laboral de, polo menos, 115 dos alumnos participantes. Adicionalmente, este último convenio concedeu 37 axudas a empresas para que os mozos formados poidan realizar prácticas non laborais en empresas durante tres meses. Ata xuño de 2023 continúanse desenvolvendo as actuacións.
Sobre a EOI
A EOI é a primeira escola de negocios fundada en España (1955). Nos seus 67 anos de historia pasaron polas súas aulas máis de 90.000 directivos e xestores empresariais especializados en liderazgo, internacionalización e sustentabilidade. Como fundación pública adscrita ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e coa cofinanciación de Fondos Europeos, impulsou os proxectos empresariais de máis de 105.000 emprendedores e pemes en España.