Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación participa no encontro da Asociación de Veciños de Santa Cristina de San Román de Lugo

asociacións
veciños
Lugo

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado no encontro organizado pola Asociación de Veciños de Santa Cristina de San Román. Na cita, que tivo lugar nunha carpa instalada a carón da Casa Escola da parroquia lucense, García Porto estivo acompañada pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o responsable da organización veciñal, Ramón Arias, e o presidente da Federación de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, entre outras autoridades.

No marco da cooperación cos concellos, una das liñas prioritarias do Goberno provincial, a Deputación está a traballar na instalación dunha báscula de pesada de vehículos nesta parroquia lucense. Situada á altura do quilómetro 1,435 da estrada provincial LU-P-2406, que é a que conecta Lousada e Longalai por Mota, esta balanza conta cun investimento de preto de 40.000€ da institución provincial e serve para poder controlar a tara dos vehículos que circulan polas vías provinciais da contorna.