Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación de Lugo colabora coa APEHL no Campionato Oficial de Hostalería de España en Madrid Fusión

APEHL
A institución provincial apoiou a participación do restaurante Nadela na primeira edición deste concurso que se celebra no marco do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión

A Deputación de Lugo colaborou coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL) para facer posible a participación do cociñeiro do restaurante Nadela no I Campionato Oficial de Hostalería de España de Tapas e Pinchos, que celebrou o luns a semifinal no marco do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión.

O apoio da institución provincial a este evento forma parte da súa estratexia para promocionar da man da APEHL a gastronomía como un recurso turístico de primeira orde que contribúe a dinamizar social e economicamente a provincia.

Nesta liña de traballo, tamén se enmarca a aportación de 40.000€ que fai a Deputación á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo para a organización de diversas iniciativas, entre as que se atopan actividades para a posta en valor da gastronomía e a enoloxía da provincia.