Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación apoia a promoción de alimentos da Mariña no marco da presentación da plataforma turística Experiencias en Ribadeo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
gastronomía

Medio Rural da Deputacion de Lugo apoiou a presentación a nivel estatal da plataforma experienciasenribadeo.com,  promovida por Donapubli e orientada á promoción turística de Ribadeo nun acto celebrado na Casa de Galicia, en Madrid, que reuniu profesionais e operadores turísticos de todo o Estado.  

A área dirixida por Mónica Freire respaldou a iniciativa a través dun convenio de colaboración, dirixido a poñer en valor a gastronomía e o sector primario como recurso turístico.  A responsábel provincial explicou que  “a gastronomía é tradicionalmente un dos aspectos que máis valora o turismo á hora de elixir destino, e entendemos que debemos aproveitar ese interese para trasladar ás persoas visitantes e potenciais visitantes,  non só a calidade dos alimentos  , senón tamén o valor ambiental, social e económico da produción de alimentos, e en xeral do sector primario”.  Nese sentido,  destacou que “a través destas iniciativas, a promoción turística se converte  tamén nunha ferramenta para a promición da actividade comercial de produtores e produtoras de Ribadeo e da comarca”. 

Nese marco, o acto de presentación pechouse cunha degustación de produtos agroalimentarios e pesqueiros da Mariña, cun completo menú conformado por croquetas de marisco (da Coquetina); embutidos de porco de OMazo; empanada de bonito de Panadería Torviso; cazuelita de fabas de Lourenzá de Terras da Mariña con polbo de Piñeira; espetada de pescada de Burela do petisco de calidade á galega sobre puré de patacas; arroz negro con luras da ría de Ribadeo, e torta de queixo do Restaurante Náutico. A adega conformarana viño albariño Ézaro de Castelo San Damián e vermú Arnao, tamén da firma ribadense Discosta.