Deputación de Lugo

A Corporación condena o asasinato de Cristina Cabo Buján e traslada o seu afecto e solidariedade á familia e amizades

minuto de silencio

A Corporación Provincial da Deputación de Lugo gardou este martes un minuto de silencio ao inicio do Pleno para expresar a máis enérxica repulsa ao asasinato de Cristina Cabo Buján, veciña de Lugo. “Lamentamos profundamente este crime horrible”, manifestou o Presidente da institución, José Tomé Roca, quen trasladou unha mensaxe de pésame, de afecto e de solidariedade á familia, amizades e persoas achegadas da vítima, de quen destacou o seu compromiso co movemento feminista e o seu labor, xa que rexentaba un negocio no barrio da Milagrosa.