Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación colaborou na organización dunha xornada sobre micoloxía no Incio

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
micoloxía
Formación
O INICIO
AS CAVARCAS

Esta fin de semana celebrouse o terceiro e derradeiro curso de formación desenvolvido pola asociación veciñal As Cavarcas no Concello do Incio, co apio da área de Medio Rural da Deputación de Lugo

O pasado domingo tivo lugar a xornada teórico-práctica de micoloxía, impartida polo doutor profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela,  Antonio Rigueiro, antigo director do departamento de Sistemas agroforestais e aproveitamento silvopastoril do Campus Terra da USC (Escola Politécnica Superior).

A xornada tivo un éxito de afluencia ata completar o aforo do local social do concello, ubicado na antiga nave do mercado gandeiro, completando deste xeito o programa desta anualidade, no que se impartiu ademais un curso de poda de árbores froiteiras e outro de enxerto de castiñeiros.