Deputación de Lugo
Economía
Turismo

Un cento de ciclistas de montaña participan no V Desafío San Miguel, unha proba que apoia a Deputación

Monterroso
sa miguel
Imaxe deputación de lugo
A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo asistiu este domingo a Monterroso para ver a proba e participar na entrega de premios. García Porto salientou que a institución provincial “aposta por actividades coma esta que permiten desfrutar do turismo deportivo, atractivos que son verdadeiros reclamos para os visitantes”

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este domingo á quinta edición do Desafío San Miguel, en Monterroso. Unha proba deportiva na que participaron máis dun cento de persoas e que se consolida como un verdadeiro atractivo turístico-deportivo para a comarca da Ulloa. 

García Porto participou na entrega de premios e salientou o apoio que a Deputación de Lugo está facendo a este tipo de eventos deportivos. “Dende a Deputación de Lugo estamos convencidos de que existe unha importante relación entre o deporte e o turismo”, sinalou, engadindo que “o turismo activo e o turismo deportivo son verdadeiros polos de atracción de visitantes, que valoran as nosas paisaxes, que lles gusta desfrutar do medio ambiente e que se deixan seducir polos marabillosos recunchos da nosa xeografía grazas ao deporte”.

“A actividade deportiva ten un efecto multiplicador de alcance transversal. O deporte, coma este Desafío San Miguel co que colabora a Deputación, é un aliado excelente da promoción do territorio e do turismo. Un reclamo que atrae visitantes á zona e que, polo tanto, axuda a fomentar a actividade da hostalería, do turismo e do comercio local”, subliñou a Deputada.