Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inicia as obras de aglomerado da vía que une O Páramo coa Pobra de San Xiao ás que destina 355.000€

o paramo
A institución provincial executa estes días un proxecto de renovación da estrada provincial LU-P-4304 para garantir un mellor servizo aos veciños e veciñas que utilizan esta arteria de comunicación

A Deputación de Lugo desenvolve estes días as tarefas de aglomerado da estrada que une a Pobra de San Xiao co Páramo, a LU-P-4304, nas que as institución máis de 355.000€. As obras execútanse entre os puntos quilométricos 5,2 e 5,4, e tamén no tramo antigo da LU-P-2904. 

O proxecto consiste no movemento de terras necesario para escavar a zona das beirarrúas, tamén na pavimentación de aglomerado en quente, faranse beirarrúas de formigón, e dotarase de sinalización e de alumeado público. Así mesmo, tamén se mellora a rede de abastecemento de augas e a rede de pluviais. O prazo de execución estimado é de 6 meses.

Estas dúas estradas provinciais son de gran utilidade social, xa que discorren polo núcleo principal do Concello do Páramo e son o nexo de unión de diferentes servizos como o colexio, a feira, o banco, locais de hostalería ou o centro de saúde, entre outros. Actualmente, non existían beirarrúas neste lugar, polo que as obras servirán para que tanto peóns coma os vehículos gañen en seguridade viaria. 

A Deputación de Lugo ten como un dos eixos de goberno a mellora da mobilidade na provincia. Estas obras son significativas para esta comarca, xa que as actuacións redundarán directamente no obxectivo que se marca a institución de camiñar cara o equilibrio territorial, imprescindible para o futuro do rural lucense.